OurenseÚltima hora

Tres exposicións para lembrar ao artista ourensán Prego de Oliver

Estarán situadas tras o verán na Sala Valente, no Museo Municipal e na sala de AFundación
A Sala Valente acollerá a exposición máis grande do artista ourensán.
A Sala Valente acollerá a exposición máis grande do artista ourensán.

O Concello vén de anunciar que porá en marcha o proxecto de cidade ‘Prego, 100 anos’, un programa que conterá tres exposicións coa obra do pintor ourensán Manuel Prego de Oliver. Os espazos expositivos serán inaugurados tras o verán e espallaranse entre a Sala Valente, o Museo Municipal e a Sala de Afundación, da Praza Maior.

O goberno municipal, logo de manter contacto coa familia do artista ourensán e mailo equipo técnico da Concellería de Cultura, coa directora de espazos expositivos, Eva Torres, acadou un importante convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura para apoiar este proxecto con 15.000 euros mediante un convenio que suscribirá co Concello.

O proxecto está concebido para homenaxear a figura de Manuel Prego de Oliver coma un “referente internacional”. Obradoiros, guías e roteiros didácticos, ciclos de conferencias ou masterclass completan este recordo cultural arredor do pintor.

Artigos relacionados

Back to top button