Mañá partirán rumbo á Comunidade Valenciá tres traballadores integrantes da plantilla do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Valdeorras, que se ofrecían voluntarios para participar nas tarefas de limpeza e rescate na zona e que transmitían a súa vontade ao Concello, que tamén enviará maquinaria con sistemas de achique. Os efectivos do GES Valdeorras permanecerán na comunidade valenciana ata o vindeiro o luns. Así o vén de informar o Concello do Barco.
Por outra banda, o Concello sinala que a Federación Española de Municipios e Provincias e a Federación Valenciá de Municipios comunican que, debido á avalancha de solidariedade coas zonas afectadas pola DANA a pasada semana, estanse a producir xa problemas de loxística para o traslado das doazóns, así como para o seu almacenamiento.
“Ambas entidades solicitaron esta mañá aos Concellos que paralicen a recollida de alimentos e artigos de aseo e que se divulgue que agora o mellor é que as persoas que estean interesadas en colaborar o fagan con apartacións económicas. Por este motivo, suspéndese a recollida que estaba previsto iniciar hoxe no Barco, en colaboración cos supermercados radicados na localidade”, informa o Concello.
A Federación Española de Municipios e Provincias achegou varios números de conta para colaborar cos afectados, así como os contactos para SMS e Bizum:
GENERALITAT VALENCIANA: ES94 0081 0693 61 0002423445