Continúan sumando podios galegos os atletas das Escolas Deportivas de Trives. Así no XV Campionato Xunta de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta, que se disputaba onte en Expourense, estes deportistas, que compiten coa camiseta do Club Adas Cupa, conseguían un total de tres medallas. “Estes nenos e nenas non fallan”, destaca o seu adestrador, Tino Sierra.
Desta volta subíanse ao podio Nicolás Eduard, que lograba a prata en lanzamento de peso 1 kg; Itziar Pérez facíase co bronce en peso 1kg e José Hervella co bronce na proba dos 1000 m.
Nesta competición participaban os seguintes atletas das escolas trivesas por proba: (50m) Ana Basalo. Inés Fernánde, (500m) Itziar Cid, (50m) Mateo Hervella, (500m) Nicolás Conde e Iago García, (60m) José Hervella e Antón Prieto, (500m) Antón Prieto, (Peso 2kg) Deva Posada e (Peso 2kg) Martín Rodríguez.
A este galego tamén acudía Paulo Efrén Martínez en 1000 m Sub-14, pero tivo que retirarse problemas estomacais. “Malia estar toda a semana sen poder adestrar por estar enfermo, Paulo quixo vir a competir, e iso e para estar orgullosos polo compromiso que teñen os nen@s, que é incrible”, Tino Sierra.
O adestrador das escolas anima a todos os atletas “a seguir loitando, que todo chega con ilusión e disfrutando deste deporte”, ademais de agradecer o apoio dos pais e nais dos nenos e do Concello de Trives.
Fotos cedidas.