DeportesÚltima hora

Tres medallas trivesas no campionato galego de atletismo Sub10 e Sub12

Dobre ouro para Antón Prieto en relevos e nos 60m e bronce para Deva Posada en peso

 

Ata tres metais sumaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que compiten coa camiseta do Adas Cupa do Barco, no XVI Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 que se celebraba este 25 de xuño na Pista de Atletismo Josefina Salgado en Pereiro de Aguiar.

Así Antón Prieto Cortizo facíase co ouro en 60m Sub12 e con outro ouro en relevos 4x60m. Deva Posada Domínguez era bronce en peso 2 kg Sub12. Ademais Martín Rodríguez González lograba un cuarto posto en peso 2 kg. Pola súa banda, Nicolás Eduard Lascu clasificábase 10° en peso 2 kg (de primeir ano).

 

 

O adestrador das escolas trivesas, Tino Sierra, amosaba o seu agradecemento aos pais e mais dos atletas “polo seu apoio, ao Club Adas e ao Concello de Trives, sen eles isto non sería posible”. Destacaba especialmente os resultados de Deva Posada, “que nunca falla”, e de Antón, “un neno que se sacrifica nos entrenos, constante e traballador como ninguén. Hoxe díxenlle que ía ser o seu día polo que levamos loitando e así foi, con vitoria dobre, só podo dicir: Gracias Antón”.

Ademais, Sierra anuncia que o vindeiro día 30 teremos a fin da tempada no auditorio Julio Vázquez, con entrega de premios e unha merenda, todo organizado pola Concellería de Deportes de Trives”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button