Os valores e o traballo solidario que desempeñan as agrupacións de Protección Civil eran destacados esta mañá polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto na Academia Galega de Seguridade Pública – AGASP na Estrada. No seu decurso entregábanse as medallas ao mérito de Protección Civil e de distintivos de permanencia na Protección Civil de Galicia. Entre os distinguidos estaban tres voluntarios valdeorreses, membros da Agrupación de Protección Civil da Veiga.
Rueda agradeceu o labor dos 5.000 voluntarios que ten a Comunidade e dixo que os galegos “temos moitas cousas das que estar orgullosos e de que presumir sobre a Protección Civil”. O presidente da Xunta tamén puxo en valor a entrega e a profesionalidade da Garda Civil e do Exército, que foron igualmente recoñecidos.
Rueda destacou o traballo conxunto que realizan os voluntarios coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. “Saben que cando pasa algo que necesita dos voluntarios de Protección Civil, aí ides estar e, se non estiverades, teríano moitísimo máis difícil e, en moitos casos, practicamente imposible”, aseverou o presidente galego.
No acto entregáronse 57 distintivos de permanencia a voluntarios que levan 25 anos ou máis formando parte das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia (AVPC), ademais de seis medallas de bronce e catro de prata ao mérito de Protección Civil, así como sendas placas de prata á brigada Galicia VII da Brilat e aos axentes da Garda Civil de Galicia.
No caso da provincia de Ourense, recollían o distintivo de permanencia pola prestación de servizo cun mínimo de 25 anos da provincia de Ourense:
Por Protección Civil Barbadás: José Miguel Carballás Lozano
Pola Avpc do Concello de Celanova. Pedra e poesía: José Luis Rodríguez Ortega e Rosa Pérez Iglesias
Pola Avpc Maceda: Rubén Quintas Rodríguez, José Manuel Gil Carballo, María Pilar Álvarez Álvarez
José Antonio Blanco Fernández
Por PC Ourense: Manuel González Sánchez
Pola Avpc do Concello de A Veiga: Faustino Escuredo Pérez, Argimiro Anta Parcero e Luis Rodríguez Nieto
Pola AVPC del Avpc Xinzo de Limia: Jesús María Rivas Román.
Fotos: cedidas e Voluntariado de Protección Civil de Ourense.