CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Trives, a través da mirada pictórica de Aurora Espina

Ata o vindeiro 31 de agosto poderá visitarse a exposición “Saudades” desta creadora na sala de exposicións de Santa Leonor

A praza do Pilón, Santa Leonor, a praza do Reloxio… Son algúns dos diferentes recunchos de Trives que Aurora Espina recrea no lenzo. Un traballo que agora comparte do público da vila da que é orixinaria nunha mostra titulada “Saudades”.

Esta exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de agosto no edificio Santa Leonor, inaugurábase na tarde do 1 de agosto nun acto que contaba coa presenza do alcalde trivés, Domingo Diéguez, e ao que asistían amigos e veciños da creadora.

Percorrendo os 25 cadros da mostra, o espectador poderá desfrutar do universo creativo de Espina, que, tal e como ela conta, plasma todo aquilo que lle provoca sentimentos, con morriña, recordos, nostalxias… Así ademais de diversos lugares triveses, poden verse escenas de mar ou natureza mortas.

Aurora Espina é sanitaria de profesión e sempre ligada a Trives, onde pasou gran parte da súa infancia e adolescencia. É precisamente nesa etapa vital cando comezou súa relación coa pintura dun xeito autodidacta.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button