CulturaCulturaÚltima hora

Trives acolle unha exposición de acuarelas de Jean François Morère

Poderá visitarse en Santa Leonor acolle dende o 24 de marzo ata o 15 de abril e será a segunda mostra deste creador na vila

 

Cartel da exposición.

As paisaxes trivesas e da comarca feitas acuarela. O artista Jean François Morère compartirá nesta Semana Santa unha escolma de 55 acuarelas co público trivés a través dunha mostra que se instalará na sala de exposicións de Santa Leonor de Trives entre os días 24 de marzo e 15 de abril.

Ademais de paraxes ourensás, as obras recollen outras de zonas como Boadilla (municipio madrileño onde reside o autor) e tamén varias de mariñas ou edificios históricos entre outras. Este creador busca a súa inspiración en internet e nas redes sociais, unha “fonte inagotable de temas de paisaxes”. Tamén confesa que entre as súas musas, figura unha moza franco-italiana, que lle presta a súa imaxe para ser inmortalizada.

Este enxeñeiro de profesión decidía probar hai dez anos unha actividade oposta ao seu traballo . Nese Nadal recibía un estoxo de acuarelas como agasallo. “Como consecuencia do volume que comenzaba a ocupar, ocurríuseme facer partícipe ao público dos meus traballos” comenta Morère. E foi así como en marzo do 2015 decidíase a expoñer por primeira vez nesta mesma sala do concello trivés. Naquel momento, en agradecemento á colaboración, Jean François doou unha acuarela ao Concello da Pobra de Trives.

As súas exposicións e doazóns fóronse continuando. No 2016 o municipio de Boadilla (Madrid) acollía unha exposición coas súas obras e no 2017 participaría con 6 acuarelas noutra exposición na mesma cidade. Nesta Semana Santa, como Jean François Morère nos indica “volto a expoñer no meu pobo adoptivo”, e faino cunha serie de acuarelas de moi diferente temática.

Artigos relacionados

Back to top button