ConcellosTrivesÚltima hora

Trives celebrará o Día da Muller Rural con actividades sobre saúde e empoderamento

Haberá talleres sobre infusións terapéuticas e xestión financeira o luns e martes da próxima semana

 

O Concello de Trives únese á celebración do Día da Muller Rural impulsando dúas iniciativas focalizadas no benestar e empoderamento das mulleres. Nese senso, organízanse dúas actividades nos días 14 e 15 de outubro.

O luns 14 de outubro celebrarase un taller de infusións terapéuticas. Neste espazo ensinarase o uso de infusións naturais para o tratamento de enfermidades máis comúns entre as mulleres. Esta actividade terá lugar no Centro Santa Leonor da localidade ás 17.00h.

O martes 15 terá lugar un taller de saúde financeira, co obxectivo de dar as ferramentas e coñecementos necesarios ás mulleres do rural para que estas xestionen da mellor maneira posible as súas finanzas. “A independencia económica e liberdade financeira é unha vía imprescindible para o empoderamento da muller”, aclara Cristina Paz, concelleira de Igualdade. Esta sesión terá lugar no salón de actos do Concello ás 18.00h.

As inscricións en ambos talleres están abertas ata o luns 14 de outubro ás 11.00h. Para apuntarse, as interesadas deberán chamar ó número de contacto ofrecido polo Concello: 988 33 00 00.

Con estas actividades o Concello de Trives reafirma o seu compromiso non só coa promoción da saúde, o benestar e os coñecementos financeiros, senón tamén co empoderamento, a través deles, das mulleres rurais e a mellora da súa calidade de vida.

 

Back to top button