ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Trives chega a 48 casos activos de Covid e Manzaneda suma 10

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso os casos activos de Covid na Área do PAC de Trives, que suma un total de 58. Nesta xornada rexístranse 48 positivos en Trives, o que supón 6 máis que onte, e 10 en Manzaneda (3 máis que onte), segundo os datos comunicados polo Sergas aos concellos.

Dende os concellos insístese, novamente, en pedir precaucación e moita prudencia ante a situación. “Desexamos que estas persoas pasen estos días de cuarentena cos menores síntomas posibles e teñan unha pronta recuperación. Continuaremos respetando as indicacións que nos dictan desde Sanidade, e tamén as da nosa Área Sanitaria”, apuntan dende o Concello de Manzaneda.

O único concello desta área que continúa libre de virus é o de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button