ConcellosTrivesÚltima hora

Trives comeza a aplicar as medidas de aforro e eficiencia enerxética

 

O Concello de Trives implementa as medidas aprobadas no Real Decreto de aforro e eficiencia enerxética, “ante a crise de subministro vinculada ao conflicto bélico de Ucraína e conscientes da situación de emerxencia climática. O compromiso do Concello evidénciase non só co cumprimento das medidas reguladas senón tamén noutros aspectos como o é a reciente aprobación do Plan de Acción sobre o clima e a enerxía sostible que implementaremos para reducir emisións e consumo enerxético”, explican dende o grupo de goberno trivés.

Neste senso, todas las dependencias municipais que poideran estar climatizadas non terán una temperatura inferior a 27 grados en verán e non será superior a 19 graos en inverno, tendo en consideración a normativa legal vixente en materia de prevención de riscos laborais e contemplando as excepciones que o propio Real decreto estatal recolle , como todo o relativo aos centros educativos, que quedan ao marxe de esta medida.

 

 

A iluminación de todos os edificios públicos permanecerá apagadas a partir das 22 horas, reservándose ocasións especiais en que se iluminen determinados bens que o decreto exceptúa como a iluminación ornamental de monumentos e edificios con alto valor patrimonial.

O compromiso firme “dunha mellor conservación do medio ambiente evidénciase tamén na adhesión que levamos a cabo neste mandato ao Pacto de Alcaldes/esas polo clima así como que o noso Concello pertence tamén dende este mandato á Rede de entidades locais para a axenda 2030 (sendo xunto cos concellos de O Barco, Xinzo de Limia, e Arnoia e a Deputación, os únicos da provincia de Ourense que forman parte de esta Rede)”, indica o grupo de goberno trivés.

Artigos relacionados

Back to top button