ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Trives e Río veñen de recibir a Carta da Diversidade que impulsa a Comisión Europea

Este documento conta cun compromiso de dez principios para loitar contra a discriminación

 

A Pobra de Trives e San Xoán de Río son concellos comprometidos coa igualdade, o respecto á diversidade e a inclusión. Así o demostra o diploma que veñen de recibir por obter a Carta da Diversidade que impulsa a Comisión Europea. Trátase dun documento expedido polo Ministerio de Igualdade que promove un mensaxe en contra da discriminación.

Coa firma desta Carta, cada un destes Concello scomprométese a difundir unha mensaxe en favor da igualdade e a diversidade e en contra da discriminación no seno da institución.
Esta distinción foi tramitada de forma conxunto por ambos Concellos.

Son dez principios básicos os que deberán cumprise:
-Sensibilizar sobre os principios da igualdade de oportunidades e de respecto á diversidade.
-Fomentar a integración dos profesionais con perfís diversos independentemente do seu xénero, orientación sexual, raza, nacionalidade, procedencia étnica, relixión, idade ou calquera outra circunstancia persoal ou social.
-Promover a inclusión, favorecendo a integración efectiva.
-Considerar a diversidade en todas as políticas de Recursos Humanos.
-Impulsar a conciliación a través dun equilibrio nos tempos de traballo, familia e ocio.
-Recoñecer a diversidade dos clientes, sendo esta tamén fonte de desenvolvemento.
-Estender e comunicar o compromiso ao persoal.
-Difundir o compromiso ás empresas provedoras.
-Trasladar este compromiso a administracións, organizacións empresariais e sindicato, e outros axentes sociais.
-Reflexar as actividades de apoio á non discriminación, así como os resultados obtidos.

 

 

Na actualidade existen 26 delegacións da Carta da Diversidade na Unión Europea, e todas elas conforman a Plataforma Europea de Cartas da Diversidade. Esta iniciativa ofrece un lugar para o intercambio de experiencias e boas prácticas a través de reunións, seminarios de expertos e foros.

O obxectivo da Comisión Europea, ao que agora se suma A Pobra de Trives e San Xoán de Río, é promocionar unha mensaxe a favor da diversidade e a inclusión en todo o seu territorio. Cómpre destacar que a Carta da Diversidade ten carácter local e o seu texto, contido e actividades, ademais da súa estrutura, responden ás realidades e necesidades específicas de cada país.

 

Artigos relacionados

Back to top button