En portadaÚltima hora

Trives e Viana do Bolo continuarán en nivel alto de restricións

Así o vén de acordar na súa reunión desta tarde o Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid en Galicia

Imaxe da Pobra de Trives./ Foto Carlos G. Hervella.

 

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button