DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Trives festexa o San Bartolo correndo

Saturnino González impoñíase na carreira dos maiores na tarde do 21 de agosto

Primeiro a carreira do San Bartoliño e logo a de San Bartolo. Atletas de todas as idades participaban nun evento deportivo programado, por segundo ano consecutivo, polo Concello de Trives. Comezaba cos corredores máis novos ás catro da tarde do 21 de agosto na zona da praza de Abastos.

Tres horas despois tiña lugar a proba dos adultos, cunha distancia duns 10 kms. O mellor resultado da competición lográbao Saturnino González que completaba o circuíto cun tempo de 33,29 minutos. Despois entraba en meta o trivés Javier Vieites (cun crono de 38,39, seguido a moi pouca distancia de Félix Sotelo. Na categoría feminina a ganadora era Mari Paz Lozano.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button