ConcellosTrivesÚltima hora

Trives instala unha unha vintena de sinais informativos para dar visibilidade aos seus puntos de interese turístico

 

O Concello da Pobra de Trives está levando a cabo a instalación dunha vintena de sinais informativos para dar visibilidade aos seus puntos de interese turístico. Dous paneis de cinco metros de altura cunha imaxe da Ponte Bibei como recurso emblemático darán a benvida nos accesos ao municipio. Ademais, outros sete paneis de sinalización e dez paneis direccionais facilitarán a ruta aos visitantes.

Aos puntos de alto interese turístico daráselles visibilidade con paneis de presinalización de 1,5x 1,2 metros e un mástil de aceiro de 2,2 metros. Sinalizaranse deste xeito os miradoiros Penas de Rome e Meandro Navea-Bibei, Ponte Cabalar, Ponte Navea, Ponte Bibei, o Castro da Cigadoña e Os Sequeiros.

Cunha frecha de panel direccional sinalizarase o Castro da Cigadoña, os miradoiros Meandro Navea-Bibei, Penas de Rome e Pena Folenche, os Sequeiros, Ponte Bibei e o Cruceiro de Santa María de Trives.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, afirma que con esta actuación “destacaranse puntos de interese do concello que non tiñan ata agora ningunha sinalización como os miradoiros, cumpríndose así tamén unha demanda. Decidimos pedir a subvención a Turismo de Galicia para dar a coñecer estes lugares. Os visitantes demandaban as sinais e levouse a cabo tamén a renovación doutras que non se atopaban en bo estado”.

Artigos relacionados

Back to top button