ConcellosTrivesÚltima hora

Trives prepárase para celebrar as Festas do Cristo e da Dolorosa, do 13 ao 16 de setembro

 

As Festas do Cristo e A Dolorosa pechan a programación de verán da Pobra de Trives. Do 13 ao 16 de setembro volverá a música e o ambiente festivo ás rúas con concertos e verbenas en diferentes escenarios. Durante os catro días, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha variada programación de actividades musicais, relixiosas e culturais.

O 13 de setembro o programa arrancará ás 21.30 horas na Praza do Reloxo coa verbena de Ritmo Joven, que precederá a gran tirada de fogos artificiais dende o Campo de Fútbol do Agro, prevista para as 23.50 horas.

Para a seguinte xornada, a do 14 de setembro, programáronse as actuacións da Banda de Música Lopo Lías de Boborás cun pasacalles pola mañá e tamén cun concerto, as 18.00 horas na Praza do Pilón. A misa e a procesión en honor ao Santo Cristo da Misericordia terá lugar ás 13.00 horas. Pola noite, o grupo Assia actuará a partir das 22.30 horas na Rúa San Martín.

 

Foto: O SIL.

 

 

Os actos continuarán o 15 de setembro coa Banda de Música de Ramirás, que será a encargada de animar as rúas e tamén ofrecerá un concerto na Praza do Pilón ás 18.00 horas. A orquestra Salsarena pechará a xornada cunha actuación ás 21.30 horas na Rúa San Martín.

Finalmente, o 16 de setembro a Charanga Nova de Trives encherá de música a vila e a sesión vermú, dende as 11.00 horas.

Back to top button