ConcellosTrivesÚltima hora

Trives presenta un dos índices de criminalidade máis baixos da provincia e con tendencia ao descenso

Así o aseguraba esta mañá o subdelegado do Goberno en Ourense que presidía, xunto á alcaldes de Trives, a xunta de seguridade local

 

Esta mañá o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, copresidiron a xunta local de seguridade deste municipio. Durante a reunión analizaron e valoraron a situación de seguridade cidadá.

Trives é “un municipio seguro”, dicía González, asegurando que conta cun dos índices de criminalidade máis baixos da provincia xa que os datos do ano 2023 reflicten que se segue mantendo a tendencia en descenso ao longo de todo o ano, con respecto ao 2022, supoñendo un descenso especialmente nos delitos patrimoniais e cuns datos moi positivos no primeiro trimestre do 2024 onde hai un descenso de máis do 70% con respecto ao mesmo trimestre do pasado ano.

Emilio González puxo de manifesto “que se están sumando esforzos para contribuír na seguridade cidadá” e agradeceu á alcaldesa, Patricia Domínguez, “a súa disposición”. Ademais, aproveitou para felicitar ás forzas e corpos de seguridade do Estado a súa labor, especialmente á Garda Civil polo seu traballo con respecto ao alto esclarecemento de delitos como o roubo que se produxo o pasado ano na subestación do Concello e que se saldou con tres detidos ese mesmo día.

 

 

Plan director e charlas do GREIM

O Subdelegado do Goberno destacaba unha vez máis a relevancia e a necesidade de que a comunidade educativa e o instituto da vila se impliquen nas charlas temáticas do plan director para a mellora dos entornos educativos e da seguridade e a súa importancia á hora de detectar condutas e situacións de acoso entre o alumnado, polo que animou ao centro a que se sume a este tipo de charlas.

Así mesmo, agradeceu a colaboración do GREIM da Garda Civil a á Policía Local de Trives que colaboran na concienciación sobre a educación vial e os rescates en montaña concienciando aos alumnos e alumnas do centro.

Artigos relacionados

Back to top button