ConcellosÚltima hora

Trives promociona os seus lugares senlleiros e as súas rutas

O Concello vén de realizar dúas guías turísticas con formato de tríptico para divulgar estes recursos
Portada dun dos novos trípticos turísticos de Trives.
Portada dun dos novos trípticos turísticos de Trives.

Santa Leonor, o Pazo do Marqués, a Ponte Bibei, os pazos, a fábrica de chocolate… Son só algúns dos lugares de referencia que se inclúen nos novos trípticos turísticos que vén de realizar o Concello da Pobra de Trives para “dar a coñecer os lugares máis senlleiros do municipio”, segundo se indica dende esta administración local.

Por unha banda, “trátase dunha actualización do rueiro acompañado con lendas e explicacións sobre os monumentos e edificacións civís e relixiosas que se atopan no casco da vila e tamén os que están fóra do perímetro urbano”, indican dende o Concello. Ademais apórtase información sobre actividades a desenvolver, eventos de interese turístico e festivo e enuméranse rutas de sendeirismo.

Detalle dunha edificación tradicional nun dos pobos de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella
Detalle dunha edificación tradicional nun dos pobos de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella

Hai ademais unha segunda guía titulada “Sendeiros da Pobra de Trives” que recompila os distintos roteiros da zona que permiten descubrir a paisaxe trivesa e admirar a súa riqueza natural, pero tamén levar a cabo actividades deportivas.
“Deste volta proporcionase información detallada sobre a Ruta de Sobrado, a Ruta da Via Nova, a Ruta dos Sequeiros e o
Barranco do Navea”, tal e como se informa dende o Concello de Trives.

Un dos sendeiros que poden percorrerse neste concello do oriente ourensán./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos sendeiros que poden percorrerse neste concello do oriente ourensán./ Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button