En portadaTempo de EntroidosÚltima hora

Trives reúne os toques do Entroido do oriente ourensán

Boteiros e folión Os Labregos de Trives, na pasada edición do encontro de folións./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Boteiros e folión Os Labregos de Trives, na pasada edición do encontro de folións./ Foto: Ángeles Rodríguez.

O Domingo Corredoiro, 31 de xaneiro, Trives será tomada polos folións. A partires das 16h. un longo desfile de bombos, aixadas e máscaras percorrerá o centro da vila. Será o XII Encontro de folións que promove Os Labregos en colaboración co Concello de Trives.

Nel poderán verse, ademais do folión anfitrión, aos tres triveses: A Lardeira, As Maceiras e A Caniceira. Tamén estarán os Fradelo (Viana do Bolo), Buxán (O Bolo), Carracedo da Serra (A Gudiña), a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, Os Arrieiros de Petín, o de Manzaneda, así como os da Veiga e Queixa.

Artigos relacionados

Back to top button