Mantense á alza a tendencia de casos activos por Covid-19 na Área do PAC de Trives. Así o concello de Trives rexistra nesta xornada un total de 33 positivos, 9 máis que onte, mentres Manzaneda sitúase en 6, 1 máis que onte, segundo os datos comunicados polos Sergas aos concellos e actualizados ás 18h. de onte.
Dende o Concello de Trives matízas que estes datos “son das persoas que pertencen a este PAC”, é dicir, que teñen o seu médico nel.
O único concello da Área do PAC de Trives que continúa libre de virus é o de San Xoán de Río.