CulturaCultura

Trompicallo interpreta “O día que chegou unha nube e choveu” este venres no Auditorio de Ourense

 

Fotograma da representación.

A compañía teatral Trompicallo estará o venres 3 de marzo en Ourense. O Auditorio Municipal acollerá o seu espectáculo de monicreques “O día que chegou unha nube e choveu”, para rapaces de 1 a 5 anos e as súas familias. O espectáculo terá dous pases: un ás 18:00 horas e outro ás 19:00 horas.

Esta función está pensada para “gozar cos cinco sentidos, teatro para quen descobre as cousas por primeira vez e pon o corazón en todo canto fai. Para quen está no principio da vida é este espectáculo sobre a orixe dela: a agua”, apuntan dende a compñaía.

O prezo do espectáculo é de 3 euros en venta anticipada e 4 na billeteira. Os bebés entran gratis.

Artigos relacionados

Back to top button