OurenseÚltima hora

Turismo de Galicia destina 100.000 euros para impulsar Ourense como destino

A Xunta asina un convenio co Inorde para selar a inversión, que se centrará no impulso do termalismo e as actividades deportivas para desestacionalizar a demanda
De esquerda a dereita, Marisol Díaz, Nava Castro e Rosendo Fernández.
De esquerda a dereita, Marisol Díaz, Nava Castro e Rosendo Fernández.

Turismo de Galicia investirá 100.000 euros para a dinamización turística da provincia de Ourense. Así quedou de manifesto no convenio que firmaron esta mañá a directora do organismo autonómico, Nava Castro, e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Ferández. Tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Segundo se explicou, o acordo pretende impulsar os recursos turísticos propios da provincia -o termalismo, a enoloxía ou a natureza- para desstacionalizar a demanda.

Por outra banda, o devandito documento tamén recolle o desenvolvemento de actuacións relacionadas co deporte como a promoción do Centro de Adestramento de Remo Laias, Arnoia e Castrelo de Miño nas Olimpíadas de Río 2016, a elaboración dun plan director para esta entidade e a dotación de equipamento para o campo de regatas Arnoia-Laias.

Por último, a partida de 100.000 euros contemplará asimesmo a financiación das actuacións do programa ‘Galicia a todo tren’. Na mesma liña, ampliarase o espazo para exposicións na aula do tren da estación dos Peares e manteranse os centros de interpretación das estacións de Santa Cruz, Os Peares e Baños de Molgas. E tamén se distribuirá material promocional sobre a oferta turísica da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button