ConcellosÚltima hora

Un amplo operativo velaba pola seguridade no 56º Descenso do Sil

 

A seguridade é unha das cuestións nas que, un ano máis, vén facendo fincapé a organización do Descenso do Sil, con saída en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e meta na praia fluvial do Malecón do Barco. Así nesta 56ª edición un amplo operativo volvía velar para que os padexeiros puideran competir en condicións seguras nesta cita.

Dese operativo formaban parte fectivos de Salvamento Acuático, voluntarios de Agrupacións de Proteccións Civil (O Barco, Vilamartín, O Bolo, Trives, Viana, Manzaneda, A Rúa, San Xoan de Río), a Garda Civil de Montaña, a Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, a Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, a Policía Local do Barco, a Unidade de Drons do Axega e Ambulancias Sil (con UVIs móbiles e vehículos de rescate).

Fotos: O SIL e cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button