ConcellosO BarcoÚltima hora

Un amplo operativo velará pola seguridade no LVIII Descenso do Sil, no Barco

 

Unha edición máis a organización do Descenso do Sil, en mans do Concello do Barco, volve apostar pola seguridade nesta proba galega, con saída en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e meta na praia fluvial do Malecón do Barco. Así nesta 58ª edición un amplo operativo  volvía velar para que os padexeiros puideran competir en condicións seguras ao longo dos 7,5 km de percorrido da regata.

Tras unha primeira reunión sobre seguridade ás 9:30h. no Concello, os membros do dispositivo reuníanse contra as 16h. na praza do Concello, para despois desprazarse os diferentes puntos para seguir a evolución da proba.

Segundo a información feita pública polo Concello, este operativo conta cun operativo terrestre do que forman parte, entre outros recursos, a Policía Local, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, o Equipo de Rescate e Intervención en Montaña (EREIM), a Unidade Pegaso da Garda Civil.

 

 

Por outra banda, a pé de río, cóntase cun dispositivo acuático no que participan Salvamento Acuático de Galicia, diversas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil (GEAS), a Unidade de Drons de Axega, así como Ambulancias Sil

Fotos: O SIL.

 

 

 

Cedida.
Back to top button