OurenseSen categorizarÚltima hora

Un camión envorca tras caer por un terraplén en Toén

 

Na mañá deste xoves 7 de novembro producíase un accidente de tráfico na localidade de Fea, no concello de Toén, no que se vía implicado un camión cargado de terra que, tal como infoma o 112 Galicia envorcaba “nunha pista que dá á rotonda da OU-402, no Pk 11.500 tras dar varias voltas de campás e acabar no fondo dun terraplén”.

Ata o lugar desprazábase unha ambulancia do 061, os Bombeiros do Carballiño e voluntarios de Protección Civil de Toén, así como GES de Ribadavia e a patrulla da Garda Civil de Tráfico que unha vez no lugar informa de que se trata “dunha saída de vía pola marxe dereita que o condutor está ileso”.

Fotos cedidas.

Back to top button