ConcellosTrivesÚltima hora

Un ciclista sufre un accidente ao seu paso pola Ponte Bibei (Trives)

 

Pasadas as once desta mañá un ciclista que circulaba pola OU-536, en dirección Trives, sufría unha caída ao seu paso pola Ponte Bibei. Segundo as primeiras información, a caída puido producirse debido a un obstáculo na estrada. Como consecuencia do accidente o ciclista resultaba ferido.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Trives, o 061-Urxencias Santiarias e a Policía Local de Trives, así como persoal de Conservación de Carreteras. Ademais se mobilizaba ao helicóptero medicalizado e á Garda Civil de Tráfico. O ciclista foi levado en ambulancia ata Trives, onde procedían a estabilizalo antes de realizar o seu traslado no helicóptero. Finalmente, o ferido foi evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button