OurenseÚltima hora

Un coche atrapa a perna dunha persoa en Barbadás

 

Ás catro e media desta tarde o 112 Galicia recibía unha chamada dunha persoa que pedía axuda porque estaba atrapada por un coche. Sucedía na rúa de Valdoviño de Barbadás. A propia persoa afectada explicaba que estaba a baixar do coche cando o vehículo moveuse e deixoulle unha perna atrapada entre a porta e unha parede, segundo informa o 112 Galicia.

Bastou a intervención dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil para liberar a afectada, que rexeitou a asistencia médica. Por se fose necesaria a súa colaboración, desde o 112 Galicia, avisouse aos efectivos do GES de Pereiro, pero deron volta en canto recibiron a confirmación de que a persoa estaba liberada.

Artigos relacionados

Back to top button