ConcellosÚltima hora

Un equipo da Policía Local do Barco, no Torneo de Tiro das Festas da Encina de Ponferrada

Cedida.

 

Entre os equipos de tiradores participantes no XIII Campeonato de tiro de arma corta, organizado pola Policía Local desta cidade en colaboración co Concello, e incluído no programa das Festas da Encina de Ponferrada, había un da Policía Local do Barco. Estaba formado por tres axentes: José López, José Ignacio Rodríguez e Mónica Yáñez.

Na competición participaban, ademais dos representantes barquenses, equipos de polícias locais da provincia de León, da Policía Nacional de León e Ponferrada e varias agrupacións de Garda Civil, do exército e membros do club de tiro ponferradino.

Os tres axentes da Policía Local do Barco sumaban un total de 438 puntos no torneo (no que tiñan en conta cuestións como precisión, duelo e velocidade) e situábanse na posición número vinte da clasificación.

Artigos relacionados

Back to top button