Tras case seis meses aberta en Ourense e un notable éxito de público, a mostra “In tempore sueborum” pecha as súas portas neste domingo 6 de maio. Entre os últimos visitantes en percorrer as súas tres salas (o Centro Cultural da Deputación, a Igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal de Ourense) estaba un grupo de valdeorreses, que acudía a través dunha viaxe organizada polo Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV).
Fotos: Carlos G. Hervella.