Chandrexa de QueixaConcellosEn portadaÚltima hora

Un incendio forestal en Requeixo (Chandrexa) leva queimadas 450 hectáreas


 

Está activo desde as 15.51 horas de onte venres, 8 de xullo, un incendio forestal no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta arredor de 450 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 19 axentes, 26 brigadas, 16 motobombas, 7 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 6 avións.

Non é o único incendio forestal na provincia, xa que está activo, desde as 22.03 horas de onte, un lume que afecta o concello de Padrenda, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Fotos: @BrifLaza

Back to top button