ConcellosParada de SilÚltima hora

Un investimento de 88.000 euros para mellorar o acceso a localidades de Parada de Sil

 

Nunha orografía complexa pola forte pendente existente, estanse a levar a cabo importantes obras de mellora no acceso ás localidades de Calvos e Leirabella e tamén o Porto (Parada de Sil), situadas na ladeira, preto do encoro de Santo Estevo e con amplos viñedos no seu entorno, tal e como informa o Concello de Parada de Sil.

O importe da obra, enmarcada no Plan Provincial da Deputación de 2023 é de 88.320 euros e o Concello aporta 40.320. Esta actuación supón un ensanche dun metro ao acceso a Calvos “que era moi estreito e nalgún tramo con dificultade para pasar dous coches. Para poder efectuar o ensanche construíuse un muro de contención, o que facilitará o paso pola mesma de veciños, adegueiros e visitantes”, segundo indica o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

No concurso de licitación da obra a empresa que acadou unha maior puntuación foi Etelvino y Julio, unha firma ourensá adicada a construción.

Así mesmo no caso de O Porto, estase a construír un muro de contención que impida derrubas sobre a vía de acceso, ademais de mellorar o firme cunha nova pavimentación que tamén se fará en Calvos.
O rexedor de Parada de Sil amosa a súa satisfacción pola marcha “a bo ritmo destas obras”.

Artigos relacionados

Back to top button