OurenseÚltima hora

Un libro como agasallo para os máis pequenos

A campaña "Un libro desconfina a túa imaxinación" do Concello de Ourense chegou ao 18% da poboación destinataria en tan só dous días

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez (esquerda), e o concelleiro de Cultura, Mario González (dereita), na súa visita á librería Nobel.

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, e o concelleiro de Cultura, Mario González, visitaron a librería Nobel a mañá deste venres, 3 de xullo, para supervisar a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación” coa que o concello pretende obsequiar cun libro a todos os nenos nados entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016. Durante a visita, Gonzalo Pérez anunciou que en só dous días o 18% da poboación á que vai dirixido o proxecto xa recollera o seu agasallo.

A campaña pretende fometar a lectura entre a mocidade e o acceso universal aos libros así como a reactivación do comercio local. Calquera persoa comprendida na franxa de idade indicada e censada actualmente no Concello de Ourense poderá participar recollendo un libro de balde nunha librería da cidade. A administración local cubrirá un máximo de 20 euros por neno e os menores de 14 anos deberán ir acompañados polos seus parentes ou titores legais.

O  alcalde afirmou que esta iniciativa é, para os máis novos, “un premio ao bo comportamento durante o confinamento” e que se trata de “un anticipo do bono cultural do futuro” de forma que cada cidadán poida escoller a cultura que desexe.

Artigos relacionados

Back to top button