CulturaCulturaÚltima hora

Un miliario da Via Nova romana sen inscrición, en Fontei (A Rúa)

 

Entre os vestixios romanos que poden atoparse na comarca de Valdeorras figura un miliario situado xunto á capela de San Andrés en Fontei (A Rúa). Trátase dunha columna cilíndrica, que se vincula á Via Nova romana entre Asturica Augusta e Bracara Augusta, ou Via XVIII do Itinerario Antonino, pero que non posúe inscrición, tal e como confirma o arqueólogo vilamartinés, Santiago Ferrer.

Aparecía hai poucos anos e dise que foi trasladado esa zona de Fontei para ser utilizado como “pisón” de castañas. Está datado no século I despois de Cristo, na época do emperador Tito Flavio Vespasiano, e posúe un fuste superior de 113 cm e a súa parte inferior é un basamento (duns 80 cm).

 

 

Ata o lugar onde se atopa este resto romano, moi pouco coñecido en Valdeorras, desprazábase esta mañá o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, guiado pola presidenta da Asociación de Veciños de Fontei, Elvira Rodríguez.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button