EconomíaEconomíaÚltima hora

Un novo xeito de degustar cervexa artesá, o 14 de decembro na Tenda da Rita no Barco

 

Nova proposta na Tenda da Rita, no Barco. De cara o vindeiro sábado 14 de decembro está prevista, ás 19:30h., unha degustación de cervexas artesás da fábrica de cervexa Castreña. “Probaremos varias das súas mellores cervexas e contarannos datos moi interesantes”, adiantan dende este establecemento, matizando que a degustación estará acompañada por unha petiscada da despensa da Rita.

Así mesmo, para todos os asistentes haberá un desconto do 5% en tódalas as súas compras ese día. As inscricións poden realizarse na mesma Tenda da Rita, en hola@atendadarita.com ou no teléfono 634 12 29 58.

Back to top button