EconomíaEconomíaÚltima hora

Un proxecto aposta por poñer en valor a “Rosca de Sober”, un doce tradicional

Nel participa persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegono e da Cátedra de Pan da Universidade de Santiago de Compostela, ademais do propio Concello de Sober, rosqueiros e un cociñeiro da localidade

 

Esta mañá tiña lugar a presentación do Proxecto Rosca de Sober, impulsado pola Consellería do Medio Rural e centrado na investigación e caracterización deste produto. O proxecto está baseado en tres eixos principais, que pasan pola documentación e preservación das calidades da rosca de Sober e o desenvolvemento de sistemas de elaboración e de conservación que respecten a súa autenticidade. Por último, exploraranse novos usos culinarios que a proxecten cara á gastronomía contemporánea e á hostalería.

Neste proxecto está implicado persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería; e da Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais do propio concello de Sober, rosqueiros e un cociñeiro da localidade.

Para afondar aínda máis na posta en valor deste doce, contribuirase a reforzar a celebración da Feira da Rosca, que en 2026 chegará á súa XXIX edición, que sirve de escaparate para dar a coñecer a súa singularidade, para darlle un novo impulso e que a rosca de Sober sexa coñecida polas novas xeracións.

O acto contaba coa presenza do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, quen lembraba que se trata dun produto tradicional elaborado en forno de leña, feito con auga, sal, azucre, fariña, ovos e azafrán.

Back to top button