EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Un proxecto ourensán finalista no certame nacional “Jóvenes Investigadores”

Tres alumnos das Aulas Tecnópole, realizaron un sistema de detección de chuvia ácida
Os investigadores que desenvolveron o proxecto./ Foto: Tecnópole.
Os investigadores que desenvolveron o proxecto./ Foto: Tecnópole.

O sistema de detección de chuvia ácida en solos e plantas, desenvolvido por tres alumnos das Aulas Tecnópole de Ourense vén de ser elixido finalista do certame “Jóvenes Investigadores 2014”, convocado polo Instituto da Xuventude do Goberno español.

O proxecto, desenvolvido por Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero, foi exposto o pasado mes de maio na “Intel International Sciencie and Engineering Fair” de Los Ángeles (EE.UU.), unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario. Estes tres estudantes ourensáns de 2º de Bacharelato foran premiados con esta viaxe no certame científico escolar Exporecerca. O proxecto, que tamén participara na última edición da Galiciencia, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia.

O certame “Jóvenes Investigadores” celébrase desde hai 27 anos e nesta ocasión rexistrou o seu record de proxectos presentados, con 346 traballos de estudantes de entre 15 e 20 anos de toda España. “Isto incrementa o mérito dos estudantes das aulas Tecnópole ao conseguir situarse entre os 40 proxectos seleccionados como finalistas para competir no “Congreso Jóvenes Investigadores”, que terá lugar en Madrid a finais de setembro”, explican dende a Tecnópole con sede en San Cibrao das Viñas.

Os estudantes ourensáns, no certame./ Foto: Tecnópole.
Os estudantes ourensáns, no certame./ Foto: Tecnópole.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button