
En Málaga tiña lugar na noite do 25 de novembro a gala Michelin 2026 na que o chef Alhambra Rafa Centeno conseguiu a primeira Estrela Michelin de Lugo grazas ao seu restaurante Vértigo, situado en Doade (Sober) na Ribeira Sacra.
O proxecto Vértigo convértese así no único restaurante con Estrela Michelin da provincia de Lugo e o primeiro establecemento de adega de Galicia en obter este galardón. O restaurante vigués Maruja Limón, capitaneado por Centeno e Inés abril, revalida ademais a súa estrela.
A gala Michelin 2026 na que se viron os chefs máis importantes de España, é unha cita obrigatoria no mundo da gastronomía na que se recoñecen os referentes gastronómicos coas cotizadas Estrelas Michelin.