EconomíaEconomíaÚltima hora

Un roteiro de degustacións en Quiroga

Cita coa cuarta edición do concurso de tapas, do 26 de marzo ao 3 de abril nesta vila lucense

 

Unha das tapas da pasada edición deste certame quirogués./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das tapas da pasada edición deste certame quirogués./ Foto: Carlos G. Hervella.

Produtos da terra aderezados con creatividade, moito mimo e toques innovadores.  Así son as propostas que poderán saborearse no IV Concurso Quiroga de Tapas, que se celebrará do 26 de marzo ao 3 de abril nesta vila lucense. Inclúe vinte deliciosas suxerencias das que poderá desfrutarse noutros tantos locais ao prezo de 1,5 euros. Van dende “A fogo lento” (Adega da María), “Leito de espas con gulas e gambas” (A Pedra), “Tosta de champiñóns” (Las Palmeras) e “Arroz con cogomelos, gambas e pementos do piquillo” (O Portón), ata a “Brocheta do val de Quiroga” (Raposo), “Dúo de mar” (Quiper), “Milfollas de solombo con crema de cogomelos” (A Taberna) e o “Cordón blue primavera” (Ruxe-Ruxe).
Tamén se poderá desgutar “Pastel de carne con salsa de cogomelos e crocante de queixo” (Lago), “Tosta de ovo en flor con chourizo” (Félix), “Milfollas de berenxena rechea de porco ao romeiro con gratén de queixo deArzúa” (O Roxo Vivo), “Polbo á brasa” (Casa Torres), “Carrillera estofada con compota de mazá, castaña e pataca crocante” (Chapakuña 3) e “Ragut de porco ao viño tinto de Quiroga con verduriñas salteadas” (O Recuncho de Dino).

Entre o menú desta edición do concurso figura ademais unha “Reinterpretación do cocido galego” (Ferreiriño), “Ovo a baixa temperatura, falsas migas de pan de millo e lisco de porco celta” (Escaleira), “Pemento recheo de bacallau con crocante de berenxena” (A Casa da Pedra), “Carne con peras ao viño do val” (Café Monbel), “Empanada de lacón con grelos e cebola caramelizada” (A Barca) e “Carrillera de tenreira en salsa de chocolate” (Mesón da Clara).

Nesta edición serán vinte as propostas que poderán degustarse./ Foto: Carlos G. Hervella.
Nesta edición serán vinte as propostas que poderán degustarse./ Foto: Carlos G. Hervella.

O certame segue o mesmo esquema das anteriores edicións. O Concello de Quiroga distribuirá en cada un dos locais os “tapacartóns” ou cartillas de votación. Cada vez que un cliente deguste a tapa do concurso o hostaleiro deberá selarlle a casiña correspondente no tapacartón.

 

Texto: Ángeles Rodríguez

Máis información na edición en papel de abril do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button