
A Denominación de Orixe Ribeiro, a través de 17 das súas adegas, participa un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra do 24 ao 27 de outubro no recinto feiral Expourense.
O seu principal obxectivo é o de mostrar a singularidade dos seus viños aos visitantes da feira, que o ano pasado alcanzaron os 17.000. “O túnel dos viños de Galicia contará cun total de 27 viños da D.O. Ribeiro, tendo unha gran representación entre as denominacións de orixe galegas”, sinala o seu consello regulador.
Este túnel consiste nun espazo reservado unicamente a profesionais do sector para que as adegas dean a coñecer as súas referencias a catadoras, catadores, hostalería, distribuidores, vinotecas, prensa… A D.O. Ribeiro participa tamén co seu viño institucional na degustación de produtos con indicativo de calidade “Experiencias de Calidade de Galicia”, organizado pola AGACAL, Xunta de Galicia. Así mesmo, terá representación en distintas degustacións dos produtos do mar de Galicia denominado “Galicia sabe AMAR”.
A presidenta da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, comenta en relación a esta participación “nas vodas de prata deste Salón Internacional do Turismo Gastronómico, a D.O. Ribeiro non pode faltar, queremos sinalar a nosa aposta por fomentar a cultura vitivinícola do Ribeiro, os seus viños e adegas entre os miles de visitantes ao evento.”
Listaxe de adegas (17) e viños(27) da D.O. Ribeiro participantes no túnel:
Adegas Pazo do Mar (Torre do Olivar Expresión)
Adega Ramón do Casar (Ramon do Casar Varietal)
Adegas Valdavia (Cuñas Davia blanco y Cuñas Davia tinto)
A Portela S.A.T (Beade Primacía, Señorío de Beade tinto y Beade 25 Autor)
Bodega Alanís (Gran Alanís, Gran Alanís Castes Brancas y Gran Alanís Castes Tintas)
Bodegas Nairoa (Val de Nairoa)
Bodegas Cunqueiro (Cunqueiro III Milenium, Máis de Cunqueiro Torrontés y Cunqueiro Centenario)
Bodegas José Pariente (A Vilerma)
Campante (Adeus)
Casal de Armán (Casal de Armán, Pepe Carrasca y Armán Finca Misenhora)
Eduardo Bravo (Eduardo Bravo)
Jonatán Pousada (Casal do Canteiro)
José Varela Aguado (4 Ferrados)
Pateiro Vinos de Guarda (Saramusa)
Pazo de Casanova (Finca Viñoa)
Terra do Castelo (Terra do Castelo y Anxo Martín)
Viña Carpazal (Cinco Bagos)