EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un total de 64 mostras de 22 de adegas participan na XXX Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra

 

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra celebrará esta semana a XXX Cata dos Viños desta denominación de orixe. O Concurso oficial é unha das citas máis destacadas do calendario da no que se seleccionan os mellores viños elaborados baixo o seu selo de calidade.

Nesta edición participan 22 adegas, que presentaron un total de 64 mostras repartidas en tres categorías: 21 viños tintos, 17 viños brancos e 26 viños doutras colleitas.

O proceso desenvolverase ao longo de tres xornadas, garantindo en todo momento o anonimato das mostras e a máxima rigorosidade das valoracións.

  • mércores 8 de xullo terá lugar o precintado das mostras, recollidas previamente de forma aleatoria nas adegas participantes polo persoal técnico do Consello Regulador. O acto celebrarase na Sala de Catas do Consello Regulador, baixo a supervisión do notario de Monforte de Lemos.
  • xoves 9 de xullo celebrarase a precata a cegas, na que o panel de cata seleccionará os viños que accederán á fase final: ata dez dos viños tintos e seis dos viños brancos e doutras colleitas.
  • A cata final terá lugar o venres 10 de xullo, ás 12.00 horas, tamén a cegas, e permitirá determinar os viños premiados nesta trixésima edición.

Os viños compiten en tres categorías:

  • Ribeira Sacra Tinto colleita 2025.
  • Ribeira Sacra Súmmum Branco colleita 2025.
  • Viños doutras añadas: inclúe os viños con barrica da colleita 2025 e viños de anadas anteriores que non participaron en edicións precedentes.

O panel de cata está integrado por oito profesionais expertos en análise sensorial, que realizarán as valoracións empregando o sistema oficial da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV):

  • José Antonio Fernández Somoza
  • Maira Ratón Fernández
  • Xesús Verao Pérez
  • Bruno Lovelle Fernández
  • Pablo Ibáñez Sarmiento
  • Rosa Domínguez Domínguez
  • Humberto Loureiro Argullós
  • Francisco Javier Rodríguez Medela

Os premios entregaranse o propio venres 10 de xullo, ás 19.00 horas, no Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf, en Pantón. Concederanse medallas de ouro, prata e bronce nas categorías de viños tintos e brancos e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Os galardóns estarán acompañados dun trofeo exclusivo elaborado en barro polo artesán José Elías González Prieto, do Centro Oleiro de Gundivós.

Back to top button