ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Un tráiler e un furgón cargados de solidariedade valdeorresa, rumbo á Comunidade Valenciana

Este material doado recollíase en dous puntos no Barco: Café Teatro Bajo 5 e Las Recetas de la Abuela

 

Mantendo o compromiso que anunciaran meses atrás, o grupo de voluntarios valdeorreses que a primeiros de novembro se organizaba para reunir, a través dunha campaña solidaria, produtos de primeira necesidade para os damnificados pola traxedia da DANA en Valencia (con puntos de entrega en Café Teatro Bajo 5 e Las Recetas de la Abuela, no Barco) , fan este 16 de decembro un novo envío con axuda e outro tipo de material.

 

 

A primeira hora desta tarde comezaba a cargarse un furgón e ás cinco chegaba un tráiler á rúa Doutor Pérez Lista, que conseguía estacionar, contando coa colaboración da Policía Local, preto do almacén. Alí os voluntarios procedían a cargar unhas 400 caixas cone diverso material doados polos valdeorreses.

 

Cedida.

 

Contiñan roupa de abrigo, material escolar, produtos de limpeza, pero tamén xoguetes, produtos de limpeza e tamén diveros alimentos como leite, entre outros.

 

 

 

A furgoneta enchíase con material escolar, que se entregará mañá no colexio de Catarroja, mentres que a carga do camión terá como destino, nun principio, Massanassa. Ambos vehículos, levados por voluntarios, partían do Barco ás 23h. deste luns rumbo á Comunidade Valenciana.

Esta é xa a terceira viaxe deste tipo, para levar axuda de primeira necesidade, que este grupo de voluntarios realiza a Valencia.

Fotos: O SIL.

 

Cedida.

 

 

Back to top button