Seguindo o ritmo da charanga Achicoria, barquenses e visitantes comezaban a subirse en torno ás cinco da tarde deste 14 de setembro ao tren fluvial (gratuíto) do Descenso do Sil, que saía da estación do Barco. Un tren con destino a Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) para ver a saída desta proba de piragüismo que este ano cumpre 56 edicións no marco das Festas do Cristo.
A medida que cada persoa se ía subindo, recibía un pano conmemorativo do descensol. Ás cinco e media, o tren, cheo de persoas, partía para Sobradelo onde agardará na estación ata que se dean todas as saídas das piraguas. Despois o tren fluvial emprenderá viaxe de regreso ao Barco, se ben irá facendo paradas en certos puntos para que os seus usuarios poidan seguir a evolución da proba.
Fotos: A.R.