ConcellosÚltima hora

Un vehículo bate contra unha árbore en Vilaúxe (Chantada)

 

Arredor das 11:15h. desta mañá o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba ao 112 Galicia dun accicente no quilómetro 20 da estrada LUP-1803, en Vilaúxe (Chantada). Un vehículo que circulaba pola estrada batía contra unha árbore.

“Os profesionais sanitarios aseguraban que a persoa estaba totalmente liberada e accesible, pero, sen embargo, indicaban que o seu estado era grave”, informan dende o 112 Galicia, que nada máis ter constancia do accidente pasou aviso aos Bombeiros de Chantada, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button