
No marco da “VIII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil”, que tiña lugar neste sábado 19 de outubro nos concellos de Ribadavia e Cortegada, tiña lugar un acto de “recoñecemento ao labor feito polas voluntarias e voluntarios o longo da súa traxectoria e actividade en Protección Civil” mediante a entrega de medallas e condecoracións.
Desta volta eran 12 os voluntarios distinguidos, entre eles figuraba Juan Francisco Carballo Fernández da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Viana do Bolo, que recibía a Medalla de Ouro á constancia pola súa traxectoria de 25 anos como voluntario.

Tamén resultaban distinguidos co Medalla de Ouro: Gerardo Soto Blanco (30 anos na AVPC Esgos), Juan Carlos Rico Rodríguez (30 anos na AVPC Esgos) e José Antonio Rodríguez Pereira (25 anos AVPC Coles).
Ademais recollía a Medalla de Prata Antonio de la Peña Crespo (20 anos na AVPC Carballeda de Avia), mentres que as de Bronce recibíanas Rui Miguel Serra Pires (5 anos na AVPC O Barco), Carlos Inglés Santos (10 anos na AVPC Verín), Daniel González Doval (5 anos AVPC Carballeda de Avia), Noemí Alonso Cubo (5 anos na AVPC Carballeda de Avia), Antonio Álvarez González (5 anos na AVPC Castrelo de Miño), Paulino González Martínez (5 anos na AVPC Castrelo de Miño) e Estefanía Villanueva Martínez (10 anos na AVPC Castrelo de Miño).

Esta xornada de convivencia sirve para estreitar lazos e para poñer en valor o tremendo labor que os voluntarios e voluntarias das distintas agrupacións fan a diario pola cidadanía.
Fotos cedidas.