ConcellosÚltima horaVilamartín

Un xabarín causa un novo accidente de tráfico en San Miguel de Outeiro (Vilamartín)

 

Arredor das 21h. deste domingo 2 de febreiro producíase un accidente de tráfico na OU-603, á altura de San Miguel de Outeiro (Vilamartín de Valdeorras). O sinistro tiña lugar cando un condutor trataba de esquivar a un xabarín na estrada, ao facelo, perdía o control do seu vehículo, que daba contra o terraplén e despois quedaba envorcado na vía, segundo as primeiras informacións.

Pese ao aparatoso do accidente, a persoa non resultaba ferida. Ata o lugar desprazábase de inmediato a Garda Civil de Tráfico.

Polo accidente quedaba cortado ao tránsito o carril dereito da estrada en dirección á Rúa e a circulación nese punto está sendo regulada pola Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button