EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Unha alumna do IES Martaguisela e dous estudantes do CPI Terrón Mendaña, galardoados no concurso de debuxo do Clúster da Pizarra

O xurado que se reunía esta mañá en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) valoraba o alto nivel das máis de 50 obras presentadas

 

O Concurso de debuxo convocado neste outono polo Clúster da Pizarra de Galicia xa ten ganadores. O seu xurado reuníase nesta mañá de 19 de decembro no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Sobradelo (Carballedad e Valdeorras), para escoller as tres mellores obras, entre os máis de 50 debuxos presentados.

O primeiro premio, dotado con 300 € e un obsequio, foi para Sandra Mallo Sastre, alumna de 1º da ESO do I.E.S. Martaguisela do Barco. O segundo premio, dotado con 150 € e un obsequio, correspóndeulle a Kevin Fernández Carvalho, estudiante de 1º da ESO do C.P.I. Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo. O terceiro posto do concurso, cun premio de 50 € e un obsequio, concedéuselle a Jorge Juan Gutiérrez González, estudiante de 3º da ESO do Terrón Mendaña.

 

 

Os membros do xurado destacaron o alto nivel das obras presentadas, “e máis se temos en conta as idades dos participantes, xa que o concurso estaba dirixido só aos estudiantes de ESO da comarca de Valdeorras”.

As bases do concurso, ademais de indicar que as obras fosen orixinais, pedían aos participantes que expresasen a través dos seus debuxos a importancia que ten a pizarra para a comarca de Valdeorras e os seus habitantes. Tamén se valoraba que os estudiantes destacasen a calidade da lousa extraída nas canteiras galegas.

O xurado

O xurado estaba presidido polo xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González Álvarez (por delegación do presidente da organización, Víctor Cobo) e formado por: Verónica Vieira González (graduada en Deseño Gráfico e xerente do estudio de arte e deseño Por las Ramas), Cristina Álvarez Núñez (directora técnica da Fundación Centro Tecnolóxico da Pizarra), Jorge Isla Rodríguez (xornalista e consultor en comunicación corporativa), Begoña Llamas de la Riva (directora do I.E.S. Sección de Sobradelo-Carballeda, Escola de Colocadores de Pizarra), Francisco Javier Vázquez Seijas (profesor do I.E.S. Sección de Sobradelo-Carballeda).

 

Artigos relacionados

Back to top button