ConcellosÚltima horaVerín

Unha aposta por promocionar o patrimonio galego a través do mundo da radioafección

Tres grupos de radioafeccionados, entre eles o de Trives, levan un ano cunha iniciativa que dá a coñecer no mundo os cruceiros e hórreos de Galicia con diversos diplomas

 

Cunha proposta moi orixinal que aúna o mundo da radio e da cultura, tres colectivos de radioafeccionados están dando a coñecer ao longo deste ano o patrimonio galego fóra das fronteiras da comunidade. Trátase do grupo de Radioafeccionados Trives EA1RCP, do Radio Club Fene EA1RKF e do Radio Club Terra de Rosaía EB1RCP que están a realizar actividades nas fins de semanas en hórreos galegos e cruceiros como é, por exemplo, o de Santa María de Trives, co diplomas específicos de cada un deles.

“Estamos dando a coñecer o patrimonio de Galicia a través de postais e hórreos e cruceiros e todas as estacións de radioafeccionados do mundo teñen que falar con nós para obtelas”, explica José María, un dos radiofeccionados triveses. Neste ano levan xa feitos 60 hórreos e multitude de contactos con diversos puntos de España, pero tamén con outros países como Arxentina, Colombia, Uruguai ou Chile. Por iso hai quen considera a tres tres grupos, tan activos, “os embaixadores de Galicia no mundo da radio”.

 

 

Por iso os promotores da iniciativa están moi satisfeitos pola boa acollida da iniciativa e expresan o seu agradecemento aos actividadores a CQ Breico España, aos compañeiros de Cádiz, Madrid e Segovia, así como aos numerosos participantes (algúns deles moi interesados en vir a coñecer in situ estes recursos patrimoniais), “grazas compañeiros!”.

Fotos e vídeo: cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button