Percorrendo a IV Exposición agrogandeira de Trevinca “Crianza Trevinca” podían verse, ademais de exemplares de razas autóctonas de gando bovino e cabalos, produtos agrícolas de asombrosas dimensións. Era o caso dunha cabaza de 61 quilos de peso que amosaba un veciño de Castromao (A Veiga), Pedro Seoane.

Non era o único produto destacable da súa horta de Castromao co que participaba nesta mostra. Tamén había un pemento de 530 gramos de peso, unha cenoria de 596 gramos, unha pataca de 833 gramos e outra de 1.221 quilos e unha cabaciña de 8 quilos. Xunto a eles pousaba para o Periódico O SIL nestas imaxes.
Fotos: O SIL.
