O engado nocturno do Macizo de Trevinca. É a fascinante estampa que podían saborear os participantes na “XV Noite Entre Lobos e Estrelas. Camiñando polas Montañas de Trevinca”, que se celebraba na noite do 29 ao 30 de agosto.
Esta esixente marcha de alta montaña, promovida polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca, tiña unha distancia de 27,1 km. O tempo total para completar ese traxecto estimábase en 9,15h,,
O programa desta andaina iniciábase ás 21:15h. do 29 de agosto cun encontro dos inscritos para cear (algo opcional) na vila da Veiga e, despois, dábase paso á actividade. Nesta edición participaban unhas 31 persoas, “todas moi deportistas, con bo carácter e unha magnífica relación entre todos nos. Mellor imposible”, resaltan dende o club.

A marcha principiaba ás 00h. dende Vilanova de Trevinca, a unha altura de 1.216 m. Nesta ocasión o traxecto ía ata o Pico Maluro (1.931 m), logo seguía ata Pena Trevinca (2.127 m), as Lagoas da Serpe e Ocelo e remataba na aldea de Ponte (A Veiga). A ruta desta edición constituía un percorrido clásico na alta montaña galega. A duración do percorrido foi de 9.30 h. (das 00:00 h da noite do sábado as 9:30 h do domingo).
“A noite estivo de vento e néboa, ademais dunha choiva fina que nos acompañou unha boa parte do traxecto”, comentan dende a organización, pero “o amencer regalounos unhas raiolas de sol que nos viñeron moi ben.
Fotos cedidas.
