CulturaCulturaÚltima hora

Unha fíbula romana con esmalte, “Peza de Xuño” do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

A súa presentación terá lugar o 12 de xuño ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense) e correrá a cargo de Ana María Veiga
Fí’bula tipo Feugre que apareceu nos traballos arqueoló—xicos dirixidos por Celso Rodrí’guez en 1996, no solar chamado Pompeo (Instituto Otero Pedrayo) en Ourense./ Foto: Fernando del Río.

As fíbulas (broches de metal moi usados en época romana para suxeitar os extremos dunha vestimenta) son bastante comúns en museos e coleccións, pero raras nas escavacións. De aí que a “Peza de Xuño” do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, unha fíbula con esmalte, posúa “un gran valor testemuñal como fósil director“, tal e como destaca Ana María Veiga Romero, que será a encargada de presentala o vindeiro mércores 12 de xuño ás 20h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

Esta peza, de bronce e esmalte champlevé, atopábase durante os traballos arqueolóxicos que dirixía Celso Rodríguez en 1996 no solar da antiga pista deportiva do Instituto Otero Pedrayo, asociada a estruturas altoimperiais. Esta fíbula, do tipo Feugère, representa a figura dun animal, en concreto dun galináceo ou pavón.

“A precisión do traballo na peza apréciase no tratamento do ollo, resaltado por tres círculos concéntricos incisos, e na separación entre o corpo e o pescozo, por medio dunha pequena franxa de liñas verticais incisas. Está decorada nas ás con pequenas manchas de esmalte en cor azul e incrustacións vítreas en cor verde e vermello, e de cor verde e negro antracita, na cola”, segundo indica Veiga Romero na publicación sobre a peza realizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A cronoloxía que se lle atribúe é do século II. “Moitas destas fíbulas con motivos figurativos poderían ter unha función apotropaica, como mecanismo de defensa máxico ou sobrenatural, ou estar asociadas a diferentes divindades”, engade Ana María Veiga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button