
A localidade de Margaride de Lor (Quiroga) ultima os preparativos para as súas festas na honra de San Vicente, que se celebrarán do 24 ao 26 de xaneiro cun intenso programa. A apertura terá lugar ás 21h. do 24 de xaneiro cunha gran pancetada e chourizada gratuíta, na que tampouco faltarán o roscón e o viño local. Despois, virá a verbena a cargo do grupo Taki/Cardia.

Ao día seguinte, pola mañá haberá pasarrúas a cargo do grupo tradicional O Recanto e ás 13:30h. será a a misa solemne e procesión coa imaxe do santo. A continuación poderá desfrutarse dunha sesión vermú a cargo da orquestra La Travesía, que tamén porá son á verbena de Margaride.
A derradeira xornada festiva, a do 26 de xaneiro, comezará con outro pasarrrúas a cargo de O Recanto. Novamente ás 13:30h. celebrarase misa solemne e procesión e, posteriormente, virá a sesión vermú a cargo do mesmo grupo tradicional. Pola tarde, a partir das 19h. unha gran chocolatada porá o broche ás festas no local social.
Fotos cedidas.
